Memorias, de Albert Speer
Libro autobiográfico desde home do Reich que, primeiro, foi o arquitecto persoal de Hitler, e máis tarde, xa durante a Segunda Guerra Mundial, foi o Ministro de Armamento. Sempre fóra do Partido Nazi, e admirado polos resultados que acadaba dende o bando Aliado, Albert Speer escribiu estas memorias dende o presidio onde foi condenado tralos xuizos de Núremberg.
Son unhas memorias ben escritas, quizáis demasiado centradas en ocasións en temas relevantes para o autor (cando fala de aspectos técnicos arquitectónicos), e durante centos de páxinas deixa pegada dun intento moi lene de xustificación, e só durante un par delas se centra en tomar responsabilidade dos actos de crueldade dos que é responsable. Hai que ter en conta que utilizou man de obra forzada (como chama el, non xente de campos de concentración) para a construcción de armamento.
Sempre se definiu como amigo persoal de Hitler, e durante o libro xustifica tamén esta amizade como consecuencia dun enfeitizamento debido ao magnetismo do Führer. Ao final relata os seus intentos de enfrontarse a el, incluso de promover un asasinato para finalizar a Gran Guerra, pero ao meu parecer son só lamentables xustificacións tras constatar a segura perda na guerra.
Son moi interesantes as maquinacións que relata na corte de Hitler, con Gloebbels, Göring, Himmler, e demais.
Libro moi recomendable.

Comentários