Desahuciadas, de Matthew Desmond
Historias reais noveladas por este investigador norteamericano, que levou a cabo durante anos un traballo de investigación (convivindo co seu obxecto de estudo) sobre as causas, as condicións de vida, e as consecuencias dos desfiuzamentos en Milwakee (extendido ao resto do país, e coas súas condicionantes, ao resto do planeta). Sobre todo dende o punto de vista da xente que aluga, pero tamén dende a visión dos caseiros. O libro estarrica o pensamento do lector, ábrelle os ollos a outras realidades e pon a énfase na responsabilidade dun sistema perverso que obriga a utilizar case o 90% dos ingresos das familias en pagar alugueiros.
Libro moi recomendable.
Libro moi recomendable.

Comentários