Prohibido nacer, de Trevor Noah

Interesante biografía, con comedia e traxedia a partes iguais, deste mestizo no país do apartheid. Semella escrita sen esconder as miserias do día a día. O autor non se fai querer, tan só conta a súa visión parcial dos sucesos que lle tocaron vivir, e das anécdotas do día a día, onde é súa nai a autentica heroína desta historia. Tremendo final tamén protagonizado pola nai. Lectura recomendable.

Comentários

Mensagens populares