Expiación, de Ian McEwan

Sucede en ocasións (moi contadas) que ves o film antes que les o libro. Esto é o que me sucedeu con Expiación (Atonement en VO). Nestes casos resúltame moi difícil non asociar as apariencias físicas do filme ás pesonaxes do libro. Neste caso, máis agravado por ter a contínua lembranza na capa do libro.

Despois tamén sucede que o libro non sorprende, normalmente, porque (se a película é fiel, coma neste caso) coñeces a serie de acontecementos que van marcar a historia. Pero neste caso, aínda que algo lembraba, esquecera moitos detalles importantes, sobre todo da metade do relato en diante. Isto fíxo que puidese desfrutar de novo con esta traxedia.

E a película gustoume moito, as interpretacións de James McAvoy parécenme moi boas. Pero o libro permite explorar con máis tempo as personalidades e os sentimentos dos protagonistas, e permitíronme pouco a pouco ir despegándome dos actores a ir descubrindo una traxedia diferente.

Libro moi recomendable.

Comentários

Mensagens populares