Despilfarro, de Tristram Stuart
Inicio moi prometedor, pero xa nos primeiros capítulos o autor métese nunha guerra de números para sustentar as súas afirmacións que fan farragosa a lectura. Analiza polo miúdo o despilfarro de comida na producción agrícola, na distribución (supermercados), na casa, nos descartes de peixe, etc. Aborda problemas desde diferentes opticas pero sempre cunha prosa desmasiado densa, abarrotada de porcentaxes e repetindo unha e outra vez os mesmos axiomas. Quizáis con menos páxinas para contar o mesmo o libro gañaría posicións no ranking de recomendacións. Aínda así, lectura interesante.

Comentários