Praha Marathon e promesas cumpridas
A xente que algo me coñece sabe da aura de cenizo que ás veces gasto. Só é algo ocasional, para situacións como cando o Celta vai cara postos de UEFA ou ía consultar as notas dalgún exame no taboleiro. Pero en xeral son positivo, como cando iamos en coche a Lisboa e ao pouco de comezar a viaxe se acendeu un chivato no coche. Nunca pensei que nos fose deixar tirados e non fumos ao taller ata a volta. Ben, un pouco inconsciente, pero positivo á fin.
Coa tese doutoral estaba no primeiro estadio. Os anos pasaban pero as follas non se enchían, aínda que o forte do traballo estaba feito. A matrícula anual da tese era unha situación repetitiva, como experimentaba Bill Murray en "O Día da Marmota". Había culpa, é certo, e o máis importante, tiña unha promesa feita dende os feitos do 25 de maio do 2013 (fatídico día, marcado con lume). É ben curioso, facer promesas a non sei quen (a min mesmo, quizáis?) sen ter en ningún momento daqueles días a esperanza da existencia dalgún ser superior (nin antes nin agora).
En fin, nin todos eses condicionantes fixeron posible a defensa da miña tese doutoral. Tivo que ser unha lei (de quen? supoño que do goberno de Rajoi...) quen me puxese os puntos sobre os ís, quen me agarrase das lapelas, e me fixese pasar o pasado verán medio pechado (pechado enteiro non, sexamos sinceros) escribindo e corrixindo. Alá polo pasado setembro depositei (incrible!), en tempo, polos pelos, e a defensa e o punto final desta historia en xaneiro deste ano.
En paralelo, comecei a preparar a cuarta maratón desta xeira que tamén comecei trala triple promesa do 25 de maio. Desta vez o obxectivo era Praga. A elección sempre seguindo os mesmos parámetros: cidade descoñecida e atractiva para ir toda a familia a pasar uns días. A preparación da maratón seguiu o plan de 12 semanas que xa utilizaramos para París, e que tan bos resultados nos dera. Desta vez, non foi así. En parte debido a unha dor no cuádriceps xusto antes da VigBay, e agravada por esta media maratón. O segundo factor foi a calor que tivemos o 8 de maio en Praga.
Coa viaxe tivemos moita sorte. Fixo un tempo estupendo, sol e temperaturas de ata 24ºC, non utilicei a cazadora nin o día que chuviscou, e que nos coincidiu cando alquilamos un coche para ir ata Karlovy Vary. Tivemos a agradable compaña de Alberto, un vigués afincado en Praga dende hai 8-9 anos que nos guiou os tres primeiros días. Desfrutamos da cidade, deglutimos carne en exceso, e non paramos de beber "Pivos" de medio litro. Quizáis demasiados días, pero xa se sabe que con nenas pequenas ímos a un ritmo de turisteo un pouco máis baixo.
En canto á maratón, cando xa pasaron tres semanas e os sentimentos non están tan magnificados, creo que foi a máis dura ata o de agora. O sol sae ás 5 da mañá, e ás 9, cando comezou a maratón, facía calor de ... moito, vaia. Saín tamén quizáis moi rápido, sen reparar que a calor ía facer a carreira máis dura do normal. Outro erro que creo cometín foi intentar seguir o globo de 3.15 cando me rebasou no km11, porque o ritmo que marcaba era claramente menor que para facer esa marca, esixindo ao mellor un desgaste que despois se pagou.
E aínda que bebín moito en todos os postos (ao principio cada 5km, despois cada 2.5km), parando, a media maratón xa notaba que non ía ben. Aos 25-26 kms xa sabía que non ía poder seguir a ese ritmo. E despois do km 30 (ata ese momento os parciais eran moi aceptables) o baixón fixo que eses doce quilómetros fosen moi duros, en momentos pensando en poñerme a camiñar...
O ritmo nos últimos 10 quilómetros baixou moito, en parte creo por ver a xente tirada na cuneta con golpes de calor e cousas peores, o que me asustou un pouco. O obxectivo era chegar ben. Ao final acabei en 3h21 pero cuns calambres ao parar que nunca experimentara. A camiseta chea do sal perdido durante a carreira foi a proba da tremenda deshidratación.

Comentários