Nocturna pontareana

Este sábado pasado participamos na I Noctura de Ponteareas, con máis de trinta graos á sombra e 10km por diante. Unha gran organización que facilitou auga antes, durante (tres veces) e despois da carreira, cunha bolsa con pexego, plátano e tres bebidas.

 

A carreira marcada pola calor foi entretida, con moita xente e experimentando esto de correr sen música. Iván tivo que parar na terceira volta a atender a unha muller que caiu redonda, e a min caeme un paxaro (merlo?) morto ao lado finalizando a primeira volta.

Gañou Bargiela seguido de Nimo. Finalizando a segunda volta apretei para que non me doblaran (entraban xusto detrás miña!). Trala carreira, festa con música en directo e todo.

Segue a molestia do pé dereito, baixo o nocello. Durante a carreira sen problemas pero o domingo doía.

Comentários

Mensagens populares