Recuperando sensacións

Pasaron os días de saír a correr con música, escoitar unha desas cancións sensibleiras de moda, e mollar os ollos. As cousas non saen tan ben como a un lle gustarían, a nena é unha ca$@#na e non quere comer para poñerse ben, pero hai quince días asinaba onde fose por estar aquí.

Xa cumprín unha das miñas self-impossed promesas: cortar a melena. Agora só queda a tese e a maratón.

Comecei a correr como é debido, sen ansiedade e sen tensión. Pero tamén sen durmir (non durmo ben e roubo horas de sono para saír ás rúas mentres os panadeiros cocen e as cafeterías abren). É bonito correr polas rúas semidesérticas de Vigo. A miña cidade. Atravesar a Travesía sen tráfico, pasar por diante da Fenosa coas luces do Carrefour acesas, dar volta no parque de bombeiros ao que nos levaran de excursión no EXB, pasar por diante do mercado do Calvario mentres uns carniceiros descargan cachuchas, e deixarse ir costa abaixo por Martínez Garrido. Son 10km en 50min.

Comentários

Mensagens populares