Correr no verán
Despois de saír a correr o outro día pola n550 a iso das sete da tarde, agora entendo perfectamente iso de correr no inferno. Correr no inverno pode ser incómodo (frío, choiva, pouca luz), pero correr con máis de 25 graos pode ser mortal. Aínda trotando paseniño as pulsacións dispáranse, e o sol convírtese nun duro castigador. Se ademáis tes que levar as pernas cubertas porque non che pode dar o sol, tes asegurada unha deshidratación no km2. Aguantei pedindo papas ata o km6. Ducha e beber, beber e beber.
Poucas alternativas quedan: agardar por días máis fríos, ou correr ás seis da mañá. Ou non correr.
Comentários