De lesións e outras dores

Debería facer un diario de dores que me acompañan cada vez que me lesiono. Dese xeito, quizáis, cando o fisioterapeuta pregunta como comezou todo, que dores sentín ou se me doeu algunha vez esa zona, podería deixar esa novela de ficción e centrarme na crónica da lesión.
O outro día pasou o mesmo. Indiquei que todo comezou no pé, que seguramente iso provocou a sobrecarga do sóleo, ou tibial posterior, ou o que sexa. Que por ser un inconsciente e non deixar de correr (actualmente tamén son inconsciente) a dor fíxose crónica.
Este fisio (vou acortar) indicou que probablemente a dor se debese a ter previamente contracturada toda a perna (e non notalo ata despois da dor do pé). A diferencia doutros colegas da profesión, que asentían cando eu describía as miñas desventuras, afirmou que a dor podía ser motivada polos nervos que baixan cara o pé, e non por tendinite ningunha.
Como sempre, despois de magoarme todo o tren inferior, recomendoume non saír a correr ("polo menos ata pasar un par de días, e por terreos brandos, e pouco tempo", "e canto é pouco tempo para ti?").
Hoxe xa fun correr.

Comentários

Mensagens populares