Vig-Bay, anotado e conta atrás

Quedan 16 días para a primeira MM, a VigBay. De Samil ata Baiona, 21km que agora mesmo parecen demasiados para o meu pé. Anda machucado dende hai unhas semanas, e non da recuperado. Será porque non deixo que descanse o suficiente?
Hoxe, 7 míseros km a un ritmo de 4.44 (progresivo en intensidade, comenzando a 5 e acabando a 4.20). A dor comezou dende o principio, e o atinado sería dar volta. Faríao se fose só. Non era o caso. Acabei coxeando. É suficiente resposta para a pregunta do primeiro parágrafo? Eu penso que si.

Comentários

Mensagens populares