Non hai serie boa

No parón navideño, en busca dalgunha nova serie foránea (uséase, americana ou británica), exploramos tremendos truños, algunhas tonterías e outras que simplemente non nos gustaron. Velaquí unha lista delas:


  • Luck, de Michael Mann (HBO). Gustoume o piloto, pero cando saia o segundo capítulo (comeza a finais de xaneiro) terei que volver a ver o primeiro episodio pois a xerga é cáseque incomprensible.
  • The Field of the Blood (BBC). Miniserie de dous capítulos. O único malo é o acentazo escocés das personaxes (ou bo, según se mire). A trama parece baseada en feitos reais, e propón un interesante debate sobre a idade penal nas Illas. Aquí acaban as recomendacións: esta e a anterior gustáronme, o resto son descartables.
  • Alcatraz (FOX). Aborrecible truño do creador de Lost, e doutros truños como Person of Interest. Xa non gusta nin como comeza.
  • Suburgatory (ABC) Comedia? Algún gag ocasional non da como para aguantar esta serie.
  • Once Upon a Time (ABC) Ou como destrozar unha proposta tan interesante para convertila nun serial propio de novela rosa.

Comentários

Mensagens populares