Weeds

Serie que acaba de finalizar. Comezou cunha proposta interesante, gamberra, diferente frente a outras series de comedia. Sen embargo, a ama de casa transformada en drugdealer de maría meteuse nunha espiral de chifladura da que nunca se recuperou. Parece que os propios guionistas da serie fumasen marihuana mentres escribían.

Non entendo aínda como nun país tan pechado en certos aspectos (falamos de USA, of course) unha serie cun telón de fondo de follas de marihuana perpetuo tivese tanto éxito. Era curioso ver autobuses urbanos coa cara de Mary-Louise Parker e un porrete, ou unha folla de marihuana pasando preto da Casa Branca.

A escalada de chaladuras, piruetas irracionais, voltas de guión pouco cribles e demáis foi crecendo en cada tempada: a tía incendia un barrio residencial, se lía cun traficante de droga mexicano, seu fillo adolescente mata a unha poderosa de México, escapan de incógnito e son perseguidos polo cártel, vai á cadea mentres o resto da familia marcha para Dinamarca, onde prosperan, para finalmente montar todos un negocio de drogas en Manhattan... enfin. Un 5 raspado para as primeiras tempadas, un 4 para as últimas.

Comentários

Mensagens populares