Hung, The Walking Dead e Blue Bloods

Un novo trío de series, dúas do meu gusto e a terceira con malas perspectivas.

Hung (serie da HBO)
A idea dun profesor de ximnasia fracasado, tanto no seu traballo como na súa vida persoal, que se mete a prostituto por necesidade, primeiro, e porque a súa vida mellora, despois, é unha proposta polo menos curiosa. Aínda que algo vello e con dous fillos xa creciciños, o home conta cunha poderosa razón para triunfar como prostituto (imaxinade cal).

Conta coa depresión económica americana (destes días) como telón de fondo, máis concretamente na cidade de Detroit. Esta cidade é coñecida por acometer nos últimos anos programas de creación de emprego alternativos frente ao peche das siderúrxicas e das factorías de automoción (creo que sen demasiado éxito).

Para min é unha serie ben graciosa.

Calificacións
Orixinalidade: 8
Actores:7
Guión:7
Acabado:7
Total:7


The Walking Dead (serie da AMC)
Esta serie esta baseada no cómic homónimo, tanto é así que no primeiro capítulo algúns planos son clavados, exactamente iguais. O guión apártase algo do cómic a partires de primeira metada da primeira tempada (acaba de estrearse a segunda), e non é nada malo, xa que ao meu parecer o cómic decae moito a partir dos vinte primeiros números.

A serie conta cunha forza visual tremenda e o actor principal (Andrew Lincoln, Strike Back) sobresae. Veremos como se resolven as sucesivas tramas.

Calificacións
Orixinalidade: 8
Actores:7
Guión:8
Acabado:9
Total:8


Blue Bloods(da CBS)
Como xa adiantei, esta é a típica serie de familia de policías (ben, hai un membro que é fiscal, tanto ten), irlandesa en NY (USA), se mal non me trabuco. En cada capítulo se resolve unha trama, aínda que existe outra trama (moi feble, con moi pouco peso) que queda residual e non enfía dun a outro capítulo.

Moralina trasnoitada, bos e malos moi marcados, situacións moi trilladas, e Tom Selleck (retírate) e o irmán malo dos Wahlberg como protas son algúns dos motivos para non elexir esta serie para ver os sábados de choiva e temporal. Buscade outras.


Calificacións
Orixinalidade: 3
Actores:4
Guión:3
Acabado:6
Total:4

Comentários

Mensagens populares