Análise do Celta

Teño un convencemento: todo o mal xogo despregado polo Celta non é máis que unha estrataxema de Paco Herrera para dar a entender que somos malos, moi malos, e perderemos contra calquer equipo que se enfronte con nós na promoción para primeira. A miña sospeita será confirmada cando finalice a tempada e esteamos clasificados para a promoción. Se quedamos fóra, eu estaba trabucado. Se seguimos dentro, estamos en Primeira.

Supoñamos que estou errado. Fagamos polo tanto unha análise dos xogadores que nos afearon o partido este sábado. Se fixeran ben a dixestión da comida, o partido podía ser ben bonito, xa que o Girona non se pechou nin machacou a faltas ao contrario.

Ioel. Non estivo especialmente mal, e tivo unha parada de mérito, pero co 0-3 ou 0-4. Tampouco estivo ben, lento nas saídas e de reflexos, ou iso me pareceu a min. Non é unha xoia, digan o que digan.

Mallo. Tivo fallos, está claro, pero non foi dos peores en defensa. Sacou un par de despexes ao medio que provocaron ataques e goles do Girona, pero tampouco tiña os apoios para sacar ben o balón dos seus compañeiros.

Vila. Mal. Desconcentrado. Fallón. Mesmo mereceu a expulsión.

Catalá. Lento. Mal. Desconcentrado e con medo. Sen pulso.

Murillo. Está nunha posición que non é a súa e o sábado notouse en exceso. Central destro lateral esquerdo e fallón.

Michu. Se non me gusta López Garai, tampouco me gusta Michu. Que razón tés, Óscar. Partidus horribilis.

Bustos. Mal. Non se encontra cómodo sen otro coma el?

Álex. Moi conductor todo o partido. Non foi dos peores no medio campo.

Trashorras. Entendo á xente que o critica. Un xogador de medio campo ou mediapunta non pode ter tan pouco sangue nas veas. Por moita calidade que teñas e boa visión e pase, non podes ser tan lento cando tes a pelota e ser tan apático na presión cando non a tés. Xogar os partidos con 10.3 homes non é factible.

De Lucas e David Rodríguez. E a min que non me gustaba De Lucas ao principio, cando o ficharon, porque pensaba que viría a coñecer o Areal e pouco máis... Pois un xogador que pasou polo Chelsea e agora está nun equipo de Segunda División non podía dar mellores prestacións e ganas. E David Rodríguez, fallón, pero é normal o desánimo cando ves ao resto do equipo. Non é unha estrela, xa o coñeciamos, pero é de lonxe o mellor que temos.

Reservas: Abalo. É como non ter a ninguén. Este xogador para min é un cero á esquerda. Nin chicha nin limoná. Se algunha vez tivo posibilidades de converterse en algo, xa lle pasou o arroz. Iago. Recoñecendo a súa calidade, prefiro non telo que contar cos seus pases e ganas. Pasou o 50% do tempo xesticulando e protestando. Non tes cabeza? Joan Tomás. Ou estás baixo de forma ou estás baixo de ánimo, pero onte fuches outro Abalo máis.

Resumo. Veremos en Salamaca como xoga o noso equipo. O partido contra o Rayo na casa non servirá para ter pulsión, só para os puntos, porque o Rayo estará xa en Primeira.

Comentários

Mensagens populares