Despois do Huesca toca o Alcorcón

Non foi a noite. Parecía que, por moito que o partido durase ou por malos que fosen os contrarios, o Celta non marcaría o gol do empate ante o Huesca. Xa contra o Tenerife o equipo estivo pasado de revolucións, non atinando nos pases máis sinxelos e complicándose en exceso en defensa. O Huesca non estivo tan fallón e marcou, e o Celta perdeu a eficacia que o caracteriza e non conseguiu perforar a portería contraria ata o desconto, cando xa non importaba polo 0-2 do marcador.

Dous detalles dese partido. Non me gustan os piscinazos, nin os do propio equipo, e o de David Rodríguez foi clarísimo. Non tanto o de Quique, pero na xogada buscou contacto no canto de buscar portería, tampouco de meu gusto.

Na primeira volta o partido contra o Alcorcón foi dos primeiros que desfrutamos en Balaídos (3-0). Veremos como vai hoxe: na casa eles son moito máis fortes.

Comentários

Mensagens populares