DealChinés

A última adquisición nesa marabillosa páxina jonkoniana chamada dealchinés foi un disco duro externo. Algo un pouco máis consistente porque as chaves usb van de meu peto ao limbo das memorias (ou ao peto dun afortunado). Relín varias veces os comentarios e revisións que a xente facía na páxina sobre ese producto, e efectivamente non é Seagate, é un Western Digital (falsificarán tamén os logos do interior?). Por min ok. Unha ganga se o comparamos con calquera HD de 2.5'' de por aquí. Tampouco entendo a política de prezos de dealchinés: agora vale 10$ máis caro: que pasaría se fose ao revés?



Non chegou machacado, ao revés doutros items no pasado. Viña nunha fundiña un pouco sobredimensionada e que me fastidiaron, afearon, ao pegarlle todo ao redor un adesivo. Pero cando abrín a funda, un flechazo. Namorado quedei deste disco duro, silencioso, pequeno e transportable, formateado con dúas particións (ext4 e ntfs) e sen necesidade de cable de alimentación. Unha ma-ra-bi-lla.



As probas de rendemento nos deron uns tempos de lectura arredor duns aceptables 30Mbps. Contente estou, co meu xoguete.

Comentários

Mensagens populares