Éxito montando meu HTPC e malas sensacións probando unha sintonizadora USB DVB-T

Fíxenme co barebone de Asus S1-AT5NM10E, que conta con caixa, placa e micro con tarxeta NVIDIA incorporada. Deixovos unhas imaxes:







Nas especificacións afirmaba que non contaba con memoria, disco duro nin unidade óptica, pero os modelos de ASRock semellantes se disparaban no prezo. Éste non contaba nin con BR nin DVD, pero non importaba: meu proposito era utilizar unidades USB ou seu disco duro para almacear os elementos multimedia.

Cando recibín o paquete a miña sorpresa foi grande: contaba cunha unidade de DVD!

A miña configuración foi modesta: memoria de 2Gb e HD de 150Gb. O disco é de 3.5'', e a memoria de tipo portátil. Accédese tirando da carcasa cara atrás, desmontase a cuberta superior e a placa aparece.



A intención é instalar XBMC sobre Ubuntu. A distribución de Ubuntu escollida é Ubuntu Natty (actualmente a última) e XBMC Dharma por ser tamén a última versión. A instalación de Ubuntu foi sen problemas, e despois montar XBMC seguindo as instruccións da web oficial, é dicir, escribindo no terminal:

sudo apt-get install python-software-properties pkg-config
sudo add-apt-repository ppa:team-xbmc
sudo apt-get update
sudo apt-get install xbmc xbmc-standalone
sudo apt-get update
sudo apt-key adv --recv-keys --keyserver keyserver.ubuntu.com 0x6d975c4791e7ee5e

Ao ser sobre 11.01, tiven que editar as entradas do repositorio para que apuntasen á versión 10.10, alén disto, ningún problema.

Ubuntu xa detectou a tarxeta NVidia, e pediu graficamente a instalación de drivers, pero poderiamos escribir por consola:

sudo apt-get install libvdpau1 nvidia-185-libvdpau

Despois, escollín a opción de autostart para non ter que loguearme e ter que arrincar o XBMC. Ubuntu da unha marxe duns 20 segundos para que me poida loguear con outro usuario e con outro entorno gráfico, unha axuda considerable se temos en conta que non acabei de probar cousas co barebone. Por exemplo, o audio.

Despois de agardar varios días por un cable HDMI (dealextreme), conseguín outro por métodos de gorroneo puro e duro. Puiden conectar a televisión e o HTPC, pero non conseguía saída de audio polo mesmo HDMI (vídeo perfecto, con 1920x1080). A solución foi a seguinte:

1. en son, escollín a opción das preferencias, e comprobei que en "Hardware" aparecía "High Definition Audio Controller". Escollín na pestana "Perfil" a opción "HDMI output".

2. Parecería que con esto estaba solucionado, pero seguía sen haber audio. Editei o ficheiro /etc/modprobe.d/alsa-base.conf e tecleei ao final: options snd-hda-intel enable_msi=0 probe_mask=0xffff,0xfff2. Despois creei o ficheiro /etc/modprobe.d/blacklist-nvidia.conf que contén as seguintes liñas:

blacklist nouveau
blacklist lbm-nouveau
blacklist nvidia-96
blacklist nvidia-173
alias nvidia nvidia-current


3. con alsamixer seleccionei a saida HDMI e comprobei que non estaba silenciada.

Tras estes pasos comprobei que NON FUNCIONABA AÍNDA. Pero só é necesario reiniciar o equipo para que Ubuntu che dea a benvida cando se inicia en forma dun marabilloso son que entra ao televisor pola entrada HDMI!

O seguinte post será para comentarvos as miñas experiencias coa sintonizadora de KWorld, a USB DVB-T TV Stick II (DVB-T395U). Conseguín facela funcionar, pero o número de canais TDT que conseguín foi mínimo. Aqui tedes unha imaxe mentres facía probas:

Comentários

Unknown disse…
Ok, non comentei nada da sintonizadora. Pouco que dicir. O escaneo en Ubuntu é menos automático que co programa que a sintonizadora trae para Windows, pero con kaffeine conséguese sintonizar sen problemas.

Mensagens populares