Partido contra o Xerez
O día do partido do Xerez estivemos pasando o día en Santiago. Esa foi a razón de chegar xusto a tempo para vez o pitido inicial. Como se eso fose moi raro en min, acostumado a chegar co tempo xusto ou co partido xa iniciado. Pero é unha excusa para dicir que estivemos en Santiago (os de alá a chaman Compostela, disque) e poñer unha foto de Leia de cando estaba a durmir na crepería da Quintana.

O partido pareceume malo. O Celta fixo uns malos vinte primeiros minutos, e só cando marcamos o gol o equipo pareceu reaccionar e querer meter o segundo para sentenciar o partido. Non o merecía, tras o mellor arranque do Xerez, pero puido perfectamente se Trashorras metese algún dos dous disparos que deron na cruceta e no longueiro.

Varios detalles, algúns se van repetindo nos últimos partidos. Primeiro, é incrible a eficacia dos dianteiros, coas poucas ocasións que se crean por partido. Segundo, non me deu nunca a impresión de que o Xerez fose a empatar. Falsa confianza tras os partidos que se deron alá atrás? Non sei, pero só entendo o empate polo nefasto partido do central chamado Sergio Ortega. Terceiro, non me gustaron os comentarios que escoitaba á saída de Balaídos. Tras partidos semellantes, a xente non falaba mal dos cambios ou da cesión de pelota. Pasamos de louvar a un home que saca petróleo dunha plantilla pensada para outras posicións na táboa a defenestralo. Cuarto, e creo que último, Víctor Vázquez non está para xogar, como tampouco me pareceu que estivese Sergio Ortega.

Comentários