E xa marchas? E non volves?

Preguntou estrañado o encargado de controlar o acceso a Gol cando baixei ata a porta e pedín saír do estadio. "Pero marchas?". "Si". "E non volves?". Eu respondín cun non e un sorriso, pero tamén lle puiden explicar que, despois buscar sitio para aparcar no medio dunha tromba de auga e de mollarme polo camiño cara Balaídos, tiña que deixar o partido no descanso por motivos familiares. Xa me ían dar no lombo por chegar tarde á comida de tódolos anos en Arbo (os Sendín sentan a unha mesa, que cada ano crece máis a máis, para comer, beber, falar e sobre todo berrar), non era plan facelos agardar demasiado. Asomaron despois as chanzas de sermos só cinco mil coitados no campo. Duraron pouco, a boca é incapaz de multitasking cando poñen xamón e "pulpo" na mesa.

Só puiden estar a primeira parte do Celta - Las Palmas. O gol de Joan Tomás o escoitei á altura de As Neves, pero recoñezo que tralo gol en propia porta, que o marcador lle daba a David Rodríguez, non tiven sensación de medo no corpo. Un gol de Las Palmas tras un contragolpe ou xogada illada era unha posibilidade, pero a impresión de febleza defensiva anunciaba outro gol do Celta en calquera momento. Non sei se na segunda parte mudaría moito o xogo, pero o campo rápido sempre se supón mellor para o equipo que entrena na Madroa, con néboa, vento, frío e choiva día sí día tamén. Ao mellor non, pero se lle supón.

Agora que o penso, Las Palmas ía con camiseta manga curta e o Celta camiseta manga longa. E só quitaron o chándal xusto antes de sacar a foto. Que cousas.

Deu a impresión de estar diante de dous equipos que practican un fútbol vistoso, pero que coas condicións reinantes (choiva para dar e tomar) non puideron dar o mellor deles. Aínda que o campo drenou moi ben, resbalóns e unha pelota que parecía con motor propio (como corría) o control de xogo non era moi preciso. Mais non foron ao patadón, en todo caso buscaron xogo longo para sorprender en contrataques.

Eso na primeira parte. Quen sabe da segundo (ben, os 4999 restantes :P) Na miña opinión, Álex foi o mellor nos primeiros 45 minutos. E o peor, López Garai, outra volta. Non me convence Ánder Murillo: ben nas prestacións defensivas, pero raro como carrileiro.

Próximo rival: Girona. E o próximo partido en Balaídos tamén parece bonito, contra o Salamanca.

Comentários

Mensagens populares