San Teleco (B.S.)

O pasado 10 de novembro, recén aterrado de Oeste de Estados Unidos, acudín ao posto de traballo no medio de gaiteiradas, danzas e churrasco. Ben, tamén había botellón, e supoño que a última hora da tarde a xente non baixaba demasiado ben nos Vitrasas. Sobre todo se temos en conta as curvas da baixada cara Vigo.

Viño a 4€, empanada, churrasco do amigo Puma e tarde medio soleada. Sen embargo, nin por asomo tanta xente naqueles San Teleco's que concentraban tanto xente de institutos como doutras facultades. Cando San Teleco contaba con grupos de rock e a festa no CUVI (mañá e tarde) tiña continuidade en Viños (noite). Cando Rosendo tocaba e era o lema nas camisetas. Eran os bos tempos, cando había nota de corte e o ratio de aprobados non superaba o 40%.


Comentários

Mensagens populares