Non son eu, é a moa do xuízo
A vida está desordeada. Concreto: a miña vida está desordeada. A culpa de quen é: da maldita moa do xuízo, esnaquizada na tenda de souvenirs do Grand Canyon e aínda comigo por mor dun cirurxián barra dentista que debe ter unha axenda moi apretada. E non, non é polo seguro médico público, porque aínda que sexa unha extracción, a moa está fracturada e tan atrás que fun a unha clínica dental privada.
Resultado: máis de dez días de febre contínua e malhumor tamén contínuo. Antibióticos para a infección e cabreo ata a próxima semana, cando a intervención está programada.
Con estas andaba cando Apple saca a IOS 4.2 (.1), que nos da multitasking (porfin) e carpetas (aleluia) para os usuarios do benquerido iPad. Todo ok, ata o momento de querer jailbrequear o noso dispositivo para poder seguir xogando ao RealRacing, seguir utilizando o navegador irmán de Firefox (odio a versión de Safari) ou ensinarlle os iBooks de Alice in Wonderland a Leia.
Seguindo a guía de Redmondpie (similar a outras moitas publicadas pola Internet, hackear xa non é o mesmo que hai 10 anos, cando tiñas que suar sangue para conseguir calquer pequena victoria frente a Microsoft), e despois de descargar a IOS 4.2.1 de forma alternativa, conseguin arrancar de novo o iPad en teoría liberado. Deixovos unhas fotos cutres do proceso:

Cal é a miña sorpresa cando o icono de Cydia está en branco (algo non vai ben), as aplicacións crackeadas non arrancan e, o que é máis grave, Safari tampouco é quen de executarse. Warning! As guías non explican que é necesario realizar un reboot denominado "tethered" utilizando o programa de jailbreak. Nestes tempos onde todo cho dan mastigado, cando xa podes descargar de Megaupload mapas crackeados do TomTom (só é necesario copialos no dispositivo para que funcionen), o usuario (eu) tende a certos automatismos (yes -> yes -> ok) sen ler a información que proporcionan as pantallas que se van pasando. Pois é o meu caso. Redsn0w deixaba ben claro que era necesario un arranque utilizando de novo esta aplicación para que puidese funcionar todo correctamente. Dito e feito, e todo semella funcionando ás mil marabillas. A contra, que agora cada vez que se apague o iPad, será necesaria executar a aplicación con "Just boot tethered right now".
Pois ben, tamén culpo á moa do xuízo desta falta de paciencia.

Comentários