Nunca un partido foi máis tranquilo

Entre a compaña, as pipas con pistachos talibáns e a distancia dende o alto da grada de Río Alto (vaia a redundancia), desfrutei do partido do Celta contra o Alcorcón de xeito prácido e relaxado. Porque entre que Roberto Lago disparou acertadamente preto do minuto 15 e que o Celta non pasaba ningún tipo de apuro ante os ataques dos madrileños, non houbo medo a perder o partido. Esta sensación durou toda a primeira parte, e se acrecentou na segunda. Por que? Debido ao gol da tranquilidade ás primeiras de cambio. E a partir dese momento, aínda foi máis aplastante a superioridade dos célticos.

E foron 3. E o Celta puido facer máis goles. E non hai máis que dicir: xogaron moi ben, na primeira parte controlando máis o partido e na segunda facendo máis sangue. Non sei como sería o partido de Copa, pero estes do Alcorcón non deberían ser demasiado temidos na Segunda División. Só cando o partido estaba sentenciado, o Celta comezaba a mover o banco e a xente intentaba facer a ola ou cantar a Rianxeira, os do Alcorcón quixeron meter un gol que non deixara ese resultado tan claro no marcador.

Nada que ver coas sensacións que experimentei no partido anterior (como locais) contra o Nástic. Cando estabamos co 1-0 e o equipo contrario atacaba, non existía esa sensación de perigo: sería cousa do dobre pivote, de que Bustos parecese un matón buscando pelexa (e con ganas de dar a quen tivese a pelota)? Non sei. Cruzo os dedos por ver moitos partidos coma o do pasado sábado.

Comentários

Mensagens populares