Entro en Gol e gol do Celta

Primeiro partido ao que vou este ano en Balaidos (si, xa sei que me perdín 2) e chego tarde. O meu bólido subiu Puxeiros como un foguete amarelo e baixou polo segundo cinturón a tal velocidade que non me puiden entreter contemplando as vistas da Ría de Vigo nese día tan soleado. E son espléndidas. Aínda así, buscar sitio para aparcar co tempo xusto é complicado. Se aprendín a lección se verá no próximo partido.

Resultado: cheguei como 10 minutos tarde, cando o encontro xa principiara. Correndo en paralelo a Río xa escoitaba aos Celtarras corear ao Celta, e os folgos aínda me deron para subir as escaleiras de Gol correndo, coller un sitio libre e respirar aliviado: aínda non marcara ningún dos equipos. O balón estaba no medio campo nese momento, nas botas de Trashorras. Un pase en profundidade, De Lucas salva ao porteiro e gol. Case sen folgos para cantalo chimpo do asento!



Varias lecturas tralo partido: ademáis da pegada que hai agora, deume a impresión de demasiada individualidade no ataque, febleza defensiva (non é novo) e trocos que deron moito osíxeno cando o Celta estaba en peor situación.

Os dous laterais pasaron mala tarde onte. Tanto Roberto Lago coma Hugo Mallo estiveron bastante fallóns, sobre todo o primeiro. Ao final do partido, sobre todo o último, melloraron e aportaron seguridade. Queda a impresión de que con rivais de maior entidade ou poderío ofensivo o resultado non será o mesmo.

Próximo rival: Huesca.

Comentários

Mensagens populares