I know
Onte puxeron na FOX as tres primeiras partes da Guerra das Galaxias (é dicir, o que Lucas chama parte IV, V e VI, as que vimos cando eramos novos). Luke Skywalker, Han Solo, a princesa Leia, Chewbacca e os dous robots, R2D2 e C3PO. Deixando de lado os midi-clorianos e todas esas mariconadas seudo-relixiosas, estas son películas que nos marcaron dun xeito ou outro.
Unha das mellores esceas para min está na segunda parte, "O imperio contraataca", cando son capturados por Darth Vader e éste quere utilizar a Han Solo para probar a máquina de carbonita. Levan a Chewbacca, C3P0 e Leia con Han Solo á sala da carbonita, e Chewbacca ataca aos soldados imperiais cando se da conta do que queren facer ao seu amigo. Han Solo apaciguaos, dándose conta que non teñen posibilidades e o único que pode suceder é que alguén máis saia danado.
Nese momento, despídense Leia e Han con bico espectacular que só finaliza cando os soldados imperiais levan a rastras ao heroe á máquina de carbonita. Cando o arrastran Leia dille "I love you". Han Solo, dentro da máquina de carbonita e a piques de ser conxelado respóndelle "I know".

Comentários