The Corner

Hoxe mudamos a recomendación musical por unha televisiva: "The Corner", a precursora da afamada "The Wire". Onte acabei co último dos seis capítulos. Ao meu parecer, máis dura que "The Wire": as historias, reais, e filmadas con algúns extras reais nas rúas de Baltimore, se centran nos yonkis e nas cadeas máis baixas da venda de drogas. Polo tanto, o drama e a caída é contínua. A modo de documental (mesmo ao inicio e ao final de cada capítulo se simula unha entrevista cara a cara cos protagonistas da serie) a serie se centra sobre todo no que foi unha familia de clase media que cae ata o fondo.



Aquí tedes unhas secuencias da serie. Resulta tamén curioso ver a actores de "The Wire" nesta serie facendo outros papeis totalmente diferente.

Comentários

Mensagens populares