Saboteando
Mimetizado no medio, sen levantar sospeitas e vestindo un calzado que leva "USA" pintado no empeine, semella o momento de comezar o plan maquiavélico de sabotear o sistema capitalista e corrupto dende o mesmo corazón. E para iso me estiven preparando todos estes días.
Corrín tras os esquíos (coma se un inocente neno fose) polos parques de Universidade de Maryland, fotografei os monumentos máis sobranceiros da capital (mergullándome entre os turistas), visitei os museos máis populosos e comín nos restaurantes típicos (McDonal's, por exemplo). Deixei pasar os anciáns nas colas máis longas, dando un "u r welcome", ou un "tkn u" cando me esperaban para subir nun elevador. Tomei boa nota das estructuras utilizadas nas construccións deste país (sorprendéndome dos materiais utilizados), espreitei nas barbacoas das fins de semana no xardín privado da urbanización, constatei os usos e costumes da xente á hora de conducir un automóbil. Tamén puiden comprobar cómo as xentes (indios, hispanos, coreanos, chineses) e os productos (coches orientais) de fóra gañan forza e ao mesmo tempo compartimentalizan a súa vida.
Utilicei os seus servizos de transporte público, lin seus xornais e revistas do corazón, vin seus informativos e series de maior éxito. Intentei entender que dicían, sen éxito, pois falan noutra lingua.
Comín súa comida, produtos precociñados, bebín as súas bebidas doces e gasosas. Detectei aos corpos de seguridade da zona: sheriff, policía local, policía do condado, policía estatal. Xa é hora de que pase á acción.
A miña primeira sabotaxe produciráse en Shoppers, unha cadea de grandes supermercados que vai dende a coste lesta ata o oeste, dende Chicago ata Florida. Contan con cámaras de seguridade, que xa teño localizadas. O meu plan consiste en cambiar de lugar as etiquetas que marcan o prezo dos productos, e o mesmo para as pegatas que marcan co código de barras a identidade do producto. Deste xeito pretendo crear un caos tal que socabe a confianza dos consumidores nesta cadea, sostén do sistema capitalista na fase primaria. Este descontento debería propagarse polo resto do país cando se corra a voz. Tempo estimado da acción: 22 minutos.
Desexarme boa sorte. O sheriff está no Starbuck da volta da esquina tódalas mañás ás 9am. Terá que ser tralos seus donuts.

Comentários