Primeiros días
Esto de ver esquíos e coellos a correr polos xardíns da xente é algo chocante, como chocantes son as distancias para ir a calquera sitio. Certo é que son os arrabales, algo lonxe da cidade, pero aquí non se pegan dous edificios nin de broma: a propiedade debe ser sagrada, e canto máis terruño teñas, mellor.
Aquí todo é ao grande. Grandes deben ser a nevadas no inverno, pero a calor que comeza sobre das 10 e que non abandona ata as nove da noite é asfixiante, abafante. Como lle comentaba a César, parece que estas ao carón dunha gran churrascada, e as lapas moi moi preto.
Con estas características, normal que a xente colla o coche para ir a facer a compra. aínda que estea a 15 minutos camiñando. As estacións de metro teñen grandes aparcamentos, para que a xente colla o coche, deixe o coche e colla o metro. Home, tamén hai tolos que se poñen a facer footing ás dúas da tarde baixo o achicharrante sol. Pero vexo máis xente que camiña paseniño, paseniño.
Trala primeira reunión coa xente do Maxwell Lab, me dispoño a ver o Uruguay-Holanda, que xa vai 0-1, non sen antes deixarvos unha instantánea (si, usurpei un sitio que parece dun/dunha indio/a):

Comentários