Arriving

Xa me perdo outra vez a feira do libro de Vigo. Por estar aquí, en College Park, Universidad de Maryland, a uns cantos km ou millas de Washington DC.

A viaxe foi rápida, se a comparamos cos outros saltos do charco, e máis coa viaxe chinesa, foi curta e o único accidente foi coa lasagna e o libro de viaxe. Uruguay empata con Ghana mentres escribo, e Brasil acaba de ser derrotada por Holanda. Sintoo, César.

O inacabable foi a espera en inmigración, que parsimonia, máis de unha hora esperando. Despois dúas horas no taxi dun peruano para chegar ao apartamento, por mor dos típicos atascos na rough hour. Para finalizar, o éxodo na busca do apartamento da amiga de Najin Kim, que non estaba, que estaba a nai, unha vella coreana que tiña medo de abrirme a porta. Que a tal amiga non me collía o teléfono e non había modo de entrar. Cando entro no edificio saio ao xardín e despois non podo saír del, pechado por dúas portas ata que unha veciña, despois de escoitar como alguén gritaba, baixou con malas pulgas a abrirme.

En fin, conseguín a chave e a tarxeta de acceso. Unha vez dentro, a durmir, que xa eran case as dúas da mañá para min :P

Comentários

Mensagens populares