El secreto de sus ojos
Aínda non falei desta película arxentina? O pasado fin de semana, comendo palomitas, puidemos desfrutar (ou máis ben sufrir, que non padecer) con este novo film de Juan José Campanella. Acostumados a productos agradables, aínda que destilen melancolía ou deixen un lixeiro regusto do amargo (lembrade 'El hijo de la novia', 'Luna de Avellaneda' ou 'El mismo amor, la misma lluvia'), non contábamos con esta película tan escura, onde as personaxes desgarradas por un suceso vital na súa vida arrastran unha pesada carga que non lles deixa tomar as decisións que farían a súa vida moito máis feliz.
Segue sendo difícil ás veces entender a estes arxentinos cando se enredan na súa prosa rápida, por máis que subo o volume ou deixe de comer palomitas para enfocar toda a miña atención en entender que demo están a dicir.

Comentários