Daybreakers
Nos últimos tempos puidemos ver varias películas ou series de vampiros con diferentes graos de satisfacción. Pasando pola ñoña Twilight, Van Helsing, True Blood e a máis recente Daybreakers. Tamén está Zombieland, semellante pero trocando vampiros por zombies. Parece que existe un novo furor deste xénero, ou que volven a estar de moda (son taquilleiras).
Daybreakers aseméllase moito a True Blood, unha serie que recomendo (e máis en versión orixinal, aínda que o acento sureño é ben complicado), na busca dunha convivencia pacífica (por medio dun substituto do sangue) entre vampiros e humanos. O desexo do sangue real, recén obtido dos humanos e moito máis atractivo que o sangue derivado, segue a ser un denominador común entre a serie e a película. Sen embargo a especie humana está totalmente dominada en Daybreakers (mesmo en perigo de extinción) namentres que en True Blood os vampiros están marxinados.
Analizando a película, sempre é un reclamo ver a Willem Dafoe, pero que se poña as pilas e deixe o cine super-comercial-de-acción. Tampouco desagradan Ethan Hawke, Sam Neill (mellor este último que o primeiro, ao que lle teño manía dende que deixou marchar á grandísima Uma Thurman, e do que non aguanto a súa contínua pose de non ter roto un prato na súa vida).
En resumo, cine fantástico e futurista de acción que permite pasar un rato ben entretido.

Comentários