The road
A novela de Cormac McCarthy xa ten a súa versión cinematográfica con Viggo Mortensen como prota, coas actuacións puntuais (moi puntuais) de Guy Pearce e Robert Duvall (irrecoñecible este último) e en maior medida de Charlize Theron.

Non sei onde carall... lin que o fío argumental é similar á peli do ex-príncipe de Bel-Air, "Soy leyenda". Nin caso, non se parecen en nada. Neste mundo de post-apocalipse o medo e angustia son constantes, e durante as case dúas horas non podes deixar de pensar en que as ameazas están agardando na próxima curva do camiño. As balas do revólver son as mellores bazas para enfrontarte a posibles caníbales ou simplemente a xente que che quere quitar o pouco que tes, mesmo os farrapos que chamas roupa. As balas do revólver son para ti, e para teu fillo, para pegarvos un tiro, antes de que vos collan.
Non hai esperanza. Só hai vontade de non morrer. Vamos cara o sur, agardando menos frío, pero sabemos que non existe ningún lugar que se asemelle ó mundo que coñecimos.
Recomendada, sen dúbida. O final non desentona.

Comentários