The Wire
Se tedes a oportunidade de visionar 'The Wire', non perdades a ocasión. A min pareceume unha grandiosa serie, ás veces irritante, sorprendente e amarga. McNulty, Omar, Bubbles, Stringer Bell, Prez, policías, narcos, xornalistas, estibadores, mestres, toda unha constelación que vai construíndo unha imaxe de Baltimore (Maryland) que enche de desacougo. Unha pena que tan só dure cinco tempadas.
Só queda o alento dunha mini-serie previa do mesmo David Simon coa mesma temática das esquinas de Baltimore (The Corner) onde os trapicheos de drogas seguen.
Só queda o alento dunha mini-serie previa do mesmo David Simon coa mesma temática das esquinas de Baltimore (The Corner) onde os trapicheos de drogas seguen.
Comentários