Love burns
Trala resaca post-electoral, só queda unha lectura. A xente de Galicia non quere que goberne o PSOE e o BNG, quere unha alternativa (a única é o PP, claro está) ao bipartito, e por algo será. Moitos agardaban a que os nacionalistas tocaran poder, pero os resultados destes tres anos e pico non foron o imaxinado. E debe ser cousa do poder, todos os que o tocan teñen o mesmo comportamento. Clientelismo e poltrona, chiringuitos e fachada sen contido, xente como Castrillo tocando as pelotas da xente, cartelitos de igualdade de xénero sen chicha, galeguismo de postureo sen compromisos reais, gastos fastuosos con diñeiro público, e un longo etc. Os que antes berrabamos PSOE PP a mesma merda é, temos que baixar a cabeza, pois falta un partido (BNG) para completar a terna.
Desencanto dos votantes, ese é o resultado. Perda das elección, esa é a actualidade. Así o Bloque segue en caída libre, e a xente de dentro (afiliada ou non) segue a ter unha visión distorsionada e egocentrista do que sucede no País. Sorprende a sorpresa dos resultados, acaso non tiñan a pulsión da rúa, acaso non sentían o descontento?

Comentários