Crisemigration

Ao revés que algún amigo meu, que comezou vivindo en O Porriño para despois vivir en Vigo, parece que os meus pasos me levan á vila do Louro. Na busca dunha morada onde vivir con certo espazo extra, lonxe de edificios con escaiola a caír, sen ascensor ou sen praza de garaxe, quedaron excluídos os inmobles de Vigo e arredores costeiros. Esta crisemigration da urbe ao rural levará os meus ósos a Porriño, un sitio de neboeiro invernal e calor sofocante no inverno? Boh, tampouco está tan mal, preto da costa, ben comunicado, sitio tranquilo con centro renovado e edificios novos (un tanto anárquicos). Tampouco é tan mala opción, se pensamos no futuro inmediato, e sobre todo tendo en conta que é o único medio para ter factible unha hip... teca.

Comentários

Unknown disse…
Porriño no está tan mal, en invierno hace frío y en Verano hace calor como tiene que ser...

Para llegar a Vigo en un momento el mismo tiempo que a Portugal....

Pablo ¿Hay pistas de Pádel en Porriño?????
Unknown disse…
Menos lobos, menos cachondeo, que en San Ciprián tamén debe ir frío de carafio.
Non non hai pistas de pádel, pero facémolas, ou xogamos ao frontón cunha pelota e unha parede (ou pelota basca?¿) :P

Mensagens populares