Caca culo pis

Non é broma, nin algo escalotóxico, é unha realidade.

Autobuses movidos por excrementos humanos. O Concello de Oslo (Norway) vai a modificar os urbanos para que tiren co bioetanol producido nas plantas depuradoras (antes queimado como refugallo).

E de seguido, nos impactan con outra medida tamén do Norte, desta vez de Dinamarca. Ao xeito de ecotaxa, o goberno danés quere implantar unha taxa (imposto do clima). Pretende que os gandeiros paguen polas ventosidades producidad polos seus animais (vacas e porcos), xa que son emisións á atmosfera (aproximadamente catro toneladas de CO2 por cada bovino, non sei como andarán os porcos...), e así conseguir uns 60 millóns de euros anuais!

Estos romanos están tolos!

Comentários

Mensagens populares