Last call
Nas últimas horas da miña estadía en Pisa farei un recopilatorio das experiencias destes días.
No curso xuntámonos con españois, un francés, eslovacos, húngaros e un chinés. Por suposto, os eslovacos fixeron gala da súa fama de grandes bebedores, pero tamén os húngaros, que nos falaron na cea de gala da gran variedade dos seus famosos liquours, e do alcumado "perpendicular", un destilado de 90 graos. Cando un toma algún dos seus licores (normalmente de maior potencia que a nosa coñecida abserta) sinte como baixa dende a boca ata o estómago e despois polos intestinos. Iso era o que nos contaban.

Tamén queda para a lembranza, amais da extensa conversa sobre alcol, o debate dos húngaros co chinés sobre as bondades e inxustizas do comunismo (sic) e do mal feeling que o capitalismo está a deixar en Hungría.
Por certo, un dos húngaros falaba dun xeito tan estrano, tan robótico, que semellaba tarado e daba medo. Iso, e as súas camisas de NOKIA, eran motivo de chanza.
O turismo nesta cidade está limitado a medio día. Nese tempo se pode facer un percorrido a pé para desfrutar desta viliña (no medio dun calor abafante de finais de Xullo) e chegar ata a tan coñecida torre, para deleitarse coas posturas dos turistas que buscan enganar as tres dimensión nunha fotografía.
E tamén nos queda no padal as pizzas en forno de leña, as numerosas pastas, o arroz (risotto?) e o tan afamado xelado.

A última noite estivemos na beira do río, onde se congrega toda a xente moza da vila, e tamén os turistas e estranxeiros, tanto na balaustrada que percorre o río (fumando marihuana e bebendo cervexa) como ao redor de pequenos garitos na mesma marxe que teñen música e performances varias.

Pouco máis que contar. Esperando coller o voo cara Madrid, e unha vez alí cara Vigo, para estar nun clima máis temperán, desfrutar das praias e de todo o que é benquerido alí.

Comentários