Paseos por Pisa (1)
Estou coincidindo, curiosamente, cun chaval de Vigo que está a facer o doutorado
en Toulosse, despois de pasar por Teleco hai uns anos. Créouse unha especie de grupo con el, Sara de Madrid, da Carlos III, e o único francés do curso de verán, Paul, de pai francés e nai vietnamita.
Pois onte fumos a dar unha volta por Pisa, que é moi pequena e non ten demasiado
que ver, e estivemos na Piazza di Cavaliere.

Tamén estivemos nunha desas tantas igrexas que hai por Italia, esta curiosamente xusto na marxe do río.

E, como non, tamén na torre de Pisa, tirados na herba a maior parte do tempo, sen ganas de pegarnos a subida á torre, mirando para unha especie de caniche de pedriguí gringo, destes que deben ir a competicións, e como a xente miraba máis para el que para a propia inclinación da torre.

Despois pasamos de novo polo hotel para recoller a Paul, e marchamos a cear a unha pizzeria, eu unha 4 staccione, ou como se diga, cunha cervexiña ben fría. Que vida de traballo duro!!!

Comentários