Chegada a Pisa (e 2)

Quedar a durmir nun hotel (Santa Croce di Fossabanda) que no pasado foi
un convento ou unha especie de mosteiro, ten as súas cousas boas e malas.
As boas son a posibilidade de almorzar neste claustro, desfrutando de paredes
centenarias.



Pero o malo é que, co motivo de preservar o caracter e a filosofía deste espazo ascético, as habitacións son como hai séculos, tanto nas súas dimensións como na decoración. Menos mal que as camas non son de palla ou cousa peor. Pero non hai minibar, non hai WiFi, que leches, non hai Internete.

Sempre nos quedará o de tomar capuccinos con curasane naturale entre as columnas do claustro central.

Comentários

Mensagens populares