Chegada a Pisa (1)
Aínda que a espera na T4 de Barajas foi pequena para coller o segundo avión da mañá (o primeiro foi dende Vigo ás 6.45AM) aburrinme como un neno na misa, e o sono facía estragos mentres miraba para os paneis agardando o anuncio da porta de embarque para Pisa.
A chegada a Pisa foi tranquila: collín o tren ata o centro, creo que facendo un exercicio de idiotez supina (menos dun kilómetro entre o aeroporto e a a estación de tren Pisa Centrale), e despois destrocei a maleta de Manola arrastrádoa máis de media hora ata o hotel, no que sen dúbida é o maior exercicio de idiotez no que levo aqui. Ademais de suar como un cocho pola calor e polo que pesaba a maleta, escaralleille unha roda (moi ben non podía estar) e a metade do traxecto moi arrastrándoa literalmente, máis que tirando por ela.
É dicir, cheguei ao hotel (Santa Croce di Fossabanda) coa camiseta mollada de suor e medio lipotímico.

Comentários