SuperMartes
Mellor que falar de SuperPiñeiro, falamos do que está acontecendo no USA coas primarias dos partidos demócrata e republicano. Falamos dunha das democracias máis vellas do mundo, iso din, e o proceso de elección do futuro presidente pasa por unha elección previa dos dous candidatos dos partidos tradicionais en pugna. O proceso é importante, e decidirá no futuro o importe do gasóleo/gasolina, o tipo de xuro, o crecemento macroeconómico, e sobre todo, miles de vidas (ou mortes) en todo o mundo.
Pola banda dos republicanos, John McCain non ten moito problema para desfacerse de Mitt Romney. É con gran probabilidade o candidato demócrata para a White House. Pero pola banda dos demócratas, a cousa non está tan clara. Barack Obama e Hillary Clinton pelexan duramente (ata a descalificación) por representar aos demócratas.
Todos falan de cambio. John McCain (por que me recorda ás patacas fritas conxeladas?) é descrito como o Gallardón estadounidense para representar o papel que xoga no seo do seu propio partido. Renovación dentro do partido republicano? Non o creo. É certo que un heroe de guerra, aínda que sexa a de Vietnam, segue a ser un factor moi importante (de aí o seu éxito nas primarias). Estivo preso cinco anos, con torturas incluídas, claro, pero tamén é certo que era o piloto daqueles avións que lanzaban bombas e sabediosquemáis sobre Hanoi, de maneira indiscriminada (claro, USA aínda non acuñara o de guerra selectiva). Sen embargo, como apoia ata certos límites os dereitos dos homosexuais, inmigrantes, temas medioambientais e outra política fiscal, é chamado maverick dentro do partido republicano. Eso si, co seu mal temperamento, se é candidato á presidencia seguro que teremos anécdotas abondas. E se é presidente, seguro que entramos en guerra (e falo do mundo). Cambios? Non o creo.
Tamén Hillary Clinton propón cambios para facerse coas primarias demócratas. Claro, cambios con respecto Bush Junior si. Pero cambios respecto á administración Clinton, responsable de moitas macanadas. É unha muller con experiencia e moi capaz, pero capaz de seguir coa traxectoria marcada polo seu marido. Esta é unha opción continuísta, digan o que digan, e esta aristocracia Clinton xa empeza a caer mal entre bastante poboación. Pola outra banda dos demócratas temos a Barack Obama, un tipo que me cae bastante ben, sen coñecer moito o seu programa. Esta claro que para ser presidente dos USA o primeiro que necesitas é... moito diñeiro (estamos nunha das democracias máis lonxevas, pero non son tontos). Pero ademáis de diñeiro, esta candidatura ten apoios de moita xente, artistas famosos e membros do seu propio partido. Achácanlle falta de experiencia (é un home moi novo) pero ao meu parecer non é un hándicap, é unha virtude que lle da credibilidade ao seu discurso de "Change... yes, we can". Das tres opcións que agora mesmo se ven con posibilidades de ser o presidente dos USA no 2009, esta é a miña favorita. Un home de raza negra presidente dos USA, non o verán os meus ollos, polo menos polo momento. O país do KKK, da guerra da secesión, dos prexuízos raciais no sur... non o creo. Antes un iluminado se lo carga.
Con respecto ao noso 9M, nós non temos primarias pero estamos en campaña dende hai máis dun ano. Mellor lle iría ao PP con primarias, peor lle iría aos dirixentes actuais do PP con primarias. E mellor nos iría a nós con partidos políticos máis serios e menos reaccionarios dos que agora temos. Tantas chorradas temos que aguantar... 400€, contrato para os inmigrantes, políticas sociais absurdas, conferencias episcopais trasnoitadas, bloqueiros de Audi e VISA Oro... Vividores todos, coñe. Eso si, ídeme votar pero XA :P

Comentários