my broke-back mountain (bike)
Que anguria, que decepcion, que mazazo en forma de ferruxe incrustada na miña Orbea Sherpa MTB por mor da humidade e salitre da Proba do Cramiñal. O cadro é de ferro, está claro polo ton ocre-orín do ferruxe que ameaza con acabar con ela, non é de aluminio, máis lixeiro e a salvo deste tipo de ameazas, pero a miña Orbea viume cair moitas veces, e por iso lle teño tanto cariño. Os platos xa non cambian, os piñóns fan cra-cra, os freos non teñen sensibilidade e os cables están comestos pola ferruxe, medio esgazados.
O ghoso nun poso, cando ía dar unha volta con ela. Claro, tanto tempo lonxe de ti, tanto abandoo pola miña parte, tiña que ter un final infeliz.
Agora está no taller, no Jospital (clínica cutre) das mountains baiques. Prégovos que adiquedes un momento pola súa memoria, para que saia con ben deste duro trance, que a operación e transplante de compoñentes valan para que reviva, rexurda, e poder voltar ás estradas e camiños forestais, e volver a caer con ela. Prométoche, polo que máis queiras, que non te vou volver a esquecer se saes desta!!!
PD. Para todos aqueles que queiradas colaborar pola súa pronta recuperación, pasade por Anca e metédelle présa ao ghichiño do taller mecánico, que para min non mirou ben para esta antigualla (chamouna vella, hai que ver).

Comentários