Caixón desastre

Como cambian as persoas e a literatura (Caixón desastre, Suso de Toro). Estamos en datas de aniversarios, Laetitia, Patri e Juan, Nico, meu pai, os xemelos, maese Rial, Somoza e un longo etcétera. Parabéns para todos eles. E nestas datas de licor café e regalos, tamén temos o Cineuropa de Compostela. Deste ano tampouco se vai poder caer polo Teatro Principal, a pesares dos bos recordos (por exemplo, HeadOn).
E quedan 6 días para o ansiado momento, a posta en marcha do esperado proxecto de ANT, moita sorte.
Tamén colean os efectos do San Teleco, que deixou un pequeno rebumbio en Comunidade por mor das cifras de intoxicacións etílicas entre menores na festa da Praza Miralles (polo tanto coa colaboración da Universidade de Vigo). Pechar as portas, esa é a solución para moitos docentes, buscando que non haxa publicidade negativa da universidade, sen decatarse do verdadeiro problema. O botellón, que non sexa no Campus: se hai intoxicacións de rapaces no exterior (nas prazas e rúas da cidade) xa non é problema noso. Quen son os pais deses nenos que faltan a clase para subir en Vitrasa cargados de alcol unha tarde de outono?
E xa queda menos para o Nadal. Así quedou marcado coa iluminación de capitais (e.g. Madrid ou París) con luces e proxectores. A Vigo tamén lle quedarán dous telediarios (por suposto, os centros comerciais e grandes superficies xa teñen neóns). Tanto despilfarro enerxético para que vaia comprar turrón? Ben, eu xa o fixen, non foi necesario que me hipnotizasen os azuis, amarelos e encarnados, xa teño o Suchard na casa. Estades todos convidados a pasarvos para comer mazapáns :P

Comentários

Nico disse…
Moitas gracias polas felicidades no cumple :D

totalmente de acordo con todo e mais algunha cousa; especialmente en que san teleco non se debe deixar morrer e con destruir a festa non se destrui o problema do alcohol

Mensagens populares