Courel

Dende a xente de Courel chéganos esto:


Axuda urxente para o Courel !

Ante o consenso de alomenos os 3 partidos políticos parlamentarios, para arrasar o Espazo Cultural do Courel, o territorio de maior biodiversidade da Galiza, aproveitando o despoboamento intencionado, non temos máis remedio que pedir máis axuda.

A Xunta de Galicia, na mesma liña que o anterior Goberno, vai declarar xa, unha miniatura de Parque Natural no Courel, só a efectos propagandísticos, para disimular a inminente autorización, de catro novas macro canteiras no Lor e Ferreririño, cando no Courel xa hai máis de unha ducia delas.

Por iso nós, a "Asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel", veciñ@s do concello de Folgoso Courel, pedimos axuda urxente para que a Xunta de Galicia declare Parque Natural ao C o u r e l, de inmediato; incluíndo dentro, como mínimo, as cuncas íntegras dos ríos Lor_Louzara, Selmo, Soldón e Ferreiriño; e que se libre o territorio conformado por todas elas, de todo tipo de impactos e concesións incompatibles, como canteiras, eólicos, centrais hidroeléctricas, vertedoiros, ...

O territorio que nós esiximos como Parque Natural, supón alomenos un 1/3 da Serra Courelá, do conxunto montañoso que se estende entre os Ancares e a Ribeira Sacra (Sil), e entre as chairas de Monforte e Sarria ata o Bierzo. Os 2/3 restantes seguirán sendo aniquilados, se ninguén o remedia, de forma brutal polas máis de 12 macro canteiras que traballan na zona de Pacios-Vilarbacú e Selmo Leones-Montouto (en parte, antigos territorios do noso Concello).

A proposta que fai a Xunta de Galicia é de menos de 1/7 do conxunto montañoso Courelá. Deixa fora a cunca enteira do río Ferreiriño (onde se sitúa o Pregue Tumbado do Courel ) e a metade sur da cunca do Lor, para instalar xa, 3 novas canteiras e autorizar a canteira "Campa-Santa Eufemia", que segue a funcionar a pesar dunha orde de peche do 2002, confirmada polos Tribunais de Xustiza.

A proposta da Xunta de Galicia é un completo timo, deixa fóra lugares tan emblemáticos como Froxán, Vilar, Vilamor, Santa Eufemia, Pregue Tumbado de Campodola, ..... A metade sur da cunca do Lor, chea de canteiras, impactará de forma grave sobre a metade norte. Téñase en conta a disposición totalmente rectilínea do Canón do Lor, o camiño natural e fiestra entre os Ancares e a Ribeira Sacra.

Esta canteira, "Campa-Santa Eufemia", que ocupa un Espacio Natural declarado en 1989-1990, no medio da cunca do Lor, vai ser legalizada de xeito inminente en base a unha Declaración de Impacto Ambiental que non contempla, entre outras moitas cousas, a ocupación do río Loruda pola propia explotación. Esta é unha canteira "Imposible", acurralada polos soutos, aldeas, ríos e a estrada comarcal.

Se nos atemos a legalidade vixente, a canteira, "Campa-Santa Eufemia", terá que ser clausurada. Se acontecera despois da autorización do Consello da Xunta, terá que ser indemnizada a empresa, con Fondos Públicos, en cifras astronómicas.

Polo tanto nos esiximos ás Administracións que se lle dea alternativa de inmediato, sen chantaxes e sen traumas, aos traballadores desta canteira, suxerimos:

- A) Que, tal e como pediron algúns sindicatos, se orzamente dende o Goberno do Estado un plan para equiparar aos mineiros da Pedra de Galiza aos do resto da minaría e así poder adiantar a idade de xubilación voluntaria, co fin de evitar algunhas doenzas profesionais. Isto permitiría recolocar aos especialistas da pedra.

- B) Para conservar e restaurar o patrimonio natural e cultural do Courel, necesítase crear un mínimo de 150 postos de traballo, aos que se debe destinar un mínimo de 3 millóns de euros anuais, cifra inferior aos Fondos Europeos que nos corresponden pola Rede Natura, por ser zona de Montaña e por ser zona desfavorecida. Como exemplo, O Principado de Asturias investirá no Parque Natural de Somiedo 7,7 millóns de euros no 2007.

¿ Que podes facer ti para axudar ?

· Recollida de sinaturas. Imprime nun folio o documento que vai dirixido "Ao Presidente da Xunta de Galicia", que podes baixar do seguinte enlace da páxina de Adega de Lugo (en Galego, Castellano ou Inglés), asínao, e se podes, recolle sinaturas entre os teus familiares e amigos:

Para máis info:
http://www.adega.info/index.php?option=com_content&task=view&id=477&Itemid=2

Comentários

Mensagens populares