Venres 13

Duro espertar o día da película de culto, do virus informático que nos quitaba o sono cando eramos pequechos, inocentes, e tiñamos esa claridade marabillosa entre o ben e o mal (nós, agora hackers vendidos). A culpa non foi do cha-cha-chá, foi do maldito alioli, que bo estaba. Mollabamos nel as patacas fritas con total inconsciencia, enchoupabamos e que boas estaban. Allo picadiño e machacado no morteiro, aceite de oliva virxe, e maionesa para simular a emulsión do aceite. Que bo estaba o maldito... que pesadez de estómago toda a noite, que espertar duro. Que bo estaba o maldito alioli... coas súas alcaparras dándolle un toque exótico, como se movían no bandullo despois as moi puñeteiras, parecía que querían xogar ao pingue-pongue. Que bo estaba o maldito... alioli. Hoxe vou facer máis.
Comentários