Pitos e pitas

Ollo ao can!
Os pitos dos carros espertan pola mañá, porque neste Primeiro Mundo só se nos ocorre, a nós os iluminados, levantar as rúas principais pola mañá (non era mellor na noite?) dunha cidade onde o automóbil é un elemento cultural (totémico) para asfaltar antes das eleccións municipais.
Carallo!
Moreas de 206, Kia e Jaguar se arremuíñan deixando renda solta aos claxon e aos bruídos dos motores, mentres a benquerida Policía Local efectúa tarefas semafóricas. Da igual, o carril é un no canto dos tres habituais e o colapso circulatorio provoca trombos. Ai que me da un ataque!
Joer!
A xente está encabronada, chega con máis de media hora de retraso ao traballo e se caga na Porro e nos seus secuaces (verbigracia Mr. Figueroa). Esto é positivo para as eleccións municipais? Si, para Abel, que non Caín, Abel Caballero (de Puentearenas tenías que ser), non sae polas ondas dicindo que esto é unha vergoña?
Coño! Que teño a Quin aparcado no medio do xigantesco-monstruoso atasco, e eu estaba mirando para os estresados drivers, sen percatarme do infernal futuro que me espera... acaban de cortar totalmente o tráfico. Apoteóse final. Saio da casa (chegarei?)
Comentários
Non é que non teña interese polos problemas rodoviarios da cidade; que o teño
Pero quero que quede constancia, que acabas de nomear a KIA, como unha das marcas de renome no blog, xunto con outros da sua categoría, como jaguar, claro está (o de 206, deixoto pasar por ignorancia), jeje
Antes era unha marca descoñecida, pero ahora que o KIA RIO entra en escena, poderemos comprobar esa pedazo calidade de construcción, que hasta no medio de un embotellamento, deixase ver :D
(joer, e ainda me quedan duas semanas, para poder telo mais pretiño das miñas mans :P)