Tema de moda: DJ
Levamos xa unhas cantas semanas co tema DJ Chaos, e hoxe subindo polas estradas de Beade escoitei na radio as verbas de Mayor Oreja (ex-ministro de Interior era Ánsar) en OndaCero, con Carlos Herrero.
É curioso como os medios de comunicación con anos de experiencia, profesionalidade gañada pouco a pouco e que fachendean de veracidade se poden columpiar tanto como hoxe. Xa non quero nin pensar destes novos medios (papel ou Internet) que pululan por aí, cada un de seu pai e da súa nai.
Pois ben, afirmaban xusto antes da entrevista que DJ Chaos recibira langostinos e champán cando os pedira no centro penitenciario de Melilla (para celebrar un asasinato a mans de ETA). Un pouco de sentido común nos faría reflexionar: dende cando se lle da marisco e alcol a un preso? Pois estes xornalistas da Vanguardia e demais medios da prensa escrita e radiofónica afirmábano: chegaban a afirmar que se pediran responsabilidades por aqueles feitos.
Cando chegou o turno de Mayor Oreja, nin ousou negar a maior, pero desviou o tema cara o PSOE botándolle en cara que o Director daquel centro ascendera había pouco (e penso eu, moi enterado está de onde anda ese Director en particular...)
Menos mal que se produciu unha chamada en antena do Director Xeral de ... Penitenciaria, dándolle un tirón de orellas a todos, e relatando dunha maneira moi lineal cómo se negou a instancia de marisquiño e champán que DJ Chaos fixera (efectivamente, el pediu, pero eles non llo deron, claro)
Despois desta parrafada, confírmase que os políticos nos levarán cada vez máis ao desencanto, e que os xornalistas, lonxe de converterse nos paladíns xusticieiros como se disfrazan, son normalmente comúns e vulgares. Onde está a verdadeira brillantez? Non existe?

Comentários