Education
A universidade de hoxe ten menos nivel que o bacherelato de hai 20 anos. Esta afirmación fíxome reflexionar sobre este asunto, sobre as reformas da Educación levadas a cabo polos últimos gobernos.
Camíñase cara unha mediocridade xeralizada. A miña xeración ten a EXB, unha reforma que ía xa nesta liña nalgúns aspectos, e as reflexións aplicadas ao modelo actual seguramente se poderían aplicar ao modelo que nos formou.
Xa non se prima a excelencia, senón que se dan facilidades para ir 'saltando' cursos con varias asignaturas suspensas (cando o nivel destas asignaturas baixou cuantitativa e cualitativamente). Esta non é unha observación subxectiva: consultade os textos dos vosos sobriños ou primos pequechos. Xa non saben as capitais do mundo, nin se un animal é vertebrado (que é iso?) ou invertebrado.
Algúns opinan que esta situación vén propiciada pola política lingüística en Cataluña, Euskadi e (aínda non) en Galicia. Eu non penso así: os nenos de antes falaban galego e na escola pegábanlle coa vara para que falasen en español. Agora quizáis todos os nenos falen en español (a maioría) pero na escola non lle obrigan a falar en galego sempre (o das cotas lingüísticas polo momento é unha quimera, quen verá a mestres español falante dicir 'souba' - xouba :P ) nin lles pegan cunha vara, nin nada. Ata o momento aquí todo o mundo a dar a clase en español, e mira o nivel.
Outro tema é o da vara. Nin tanto nin tan pouco. Prefiro que os nenos e rapaces lle teñan medo (prefiro respecto, eu mesmo tíñalle afecto a algúns) que os mestres lle teñan medo aos rapaces -pasa agora-.
Na Universidade nótase tamén o baixón académico.
Que opinades vos?

Comentários
Pode ser que o que nos exixían a nós, non sexa o mesmo que lle exixen ahora os novos estudiantes, porque os criterios que antes se consideraban importantes para demostrar o coñecimento de unha materia, ahora sexan outros.
Cabe decidir se o feito de ter unha nota, independentemente de como e donde se saca; sexa mais importante que realmente adquirir uns coñecimentos, aos que cada un individualmente; decidiu querer obter voluntariamente.
As avaliacións, maila ser unha fonte de perda de neuronas (ten razón o meu ilustre mestre de Literatura Española, Chinto Barreiro, que se negaba a facernos exames :P) é un dos métodos para decidir se houbo esforzo ou non na asimilación de coñecementos (outra discusión é cómo se realizan estas avaliación). Unha avaliación xeral (dícese reválida de antes) normaliza o nivel para todo o mundo, todos os colexos, ao modo da selectividade.
Eu aínda non esquecín as motivacións que me levaban a estudar: non creo que sexa boa idea deixar nas mans das nenas e nenos se prefiren estudar voluntariamente ou ir xogar ao futbol :P.
Por último, a reflexión xurde cando lle preguntas á túa curmá pequena de 11 anos que che diga que hora é polo reloxo de pulseira (non dixital) e ela se encolla de ombros...