Co bo tempo, boa cara :P

Esta fin de semana estivemos desfrutando do bo tempo na Pobra d'Caramiñal, lugar de contrastes. A xente camiñaba polos paseos marítimos, tomaba cañas nas cafeterías tomando o sol, e de madrugada pintaba frechas verdes na estrada, ao estilo de pulgarcito, para ir marcando o camiño cara o monte. Unhas frechas verdes fosforitas que levaban ao alto, no medio de toxos e eucalitros, lugar de curros e con máis xente que no Nazareno. Alí tiñan (e xa nos tardaba) o chiringuito de tenda de campaña, e os coches subían como se dunha procesión falasemos (suben baixan suben máis, meten o GOLF TDI pola pista de terra...)

Que gustiño o verán... xa non hai que pór toldo para a chuvia.

Comentários

Mensagens populares